lunes, 18 de junio de 2018

domingo, 10 de junio de 2018

FEIRA DE LIBROS USADOS.ALAMEDA DE MARIN

    Chega unha nova edición da Feira de Libros Usados. Terá lugar o sábado, 16 de xuño, na alameda de Marín. Prepara os teus libros usados para cambialos por VALES  e poder intercambialos na feira polos libros que máis che gusten.


Equipo de Biblioteca.

CONTACONTOS POR ALUMNOS DO IES ILLA DE TAMBO


    Un grupo de alumnos de 4º ESO do IES ILLA DE TAMBO, dirixidos pola súa profesora de Lingua castelá e literatura, Mª Manuela Veiga,  porán en escea no noso centro unha sesión de CONTACONTOS o vindeiro XOVES, 14 DE XUÑO  dirixido aos alumnos de Infantil, 1º, 2º e 3º de E.P.
     Na seguinte foto podemos ver un ensaio no propio escenario que tivo lugar o pasado venres.

martes, 5 de junio de 2018

SANTIAGO DE COMPOSTELA: A CATEDRAL, O MUSEO DO POBO GALEGO, A CIDADE DA CULTURA

Os alumnos de 3º e 4º do CEIP da Laxe fomos de excursión a Santiago de Compostela, a capital de Galicia. O tempo non acompañou pero aínda así aproveitamos ben o día. Puidemos admirar a Praza do Obradoiro, coa fachada barroca da catedral( aínda en obras), o Hostal dos Reis Católicos, coa súa fachada plateresca ou o Pazo de Rajoy.
  E que dicir do Mosteiro de San Domingos de Bonaval, onde puidemos visitar o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego. Que magnífica escaleira helicoidal, única no mundo!
  Aquí van algunhas fotos, pero haberá máis...

Santiago 2018

lunes, 14 de mayo de 2018

GRAFITEIROS NO CEIP A LAXE


Hoxe comezou a "Semana Cultural" no cole.  Unha das actividades foi pintar coa axuda duns grafiteiros unha parede homenaxeando a María Victoria Moreno. Aquí tedes o resultado...

viernes, 11 de mayo de 2018

jueves, 22 de marzo de 2018

SEMANA DA POESÍA

  O 21 de marzo foi declarado pola UNESCO como DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA. Dende a Biblioteca do CEIP da Laxe quixemos unirnos a esta celebración coa SEMANA DA POESÍA, que vén de rematar precisamente o pasado mércores, 21 de marzo.
    Cada día, na hora de ler, os alumnos de 6º E.P., léronlle poesía de distintos autores aos demais compañeiros do colexio. GRAZAS, RAPACES E RAPAZAS DE 6º, POLO VOSO BO TRABALLO!        Antonio Vicente. Mari Paz, sus amigos y una fábrica de higos. Foi o libro que lles leron a
 E. Infantil na biblioteca.
 

SEMANA DA POESÍA


Os poemas de XOÁN NEIRA E ÁNXELES FERRER soaron con forza na aula de 3º, da súa obra  Farrapos de nube.

SEMANA DA POESÍA


Os alumnos de 5º desfrutaron coa poesía dun dos grandes escritores en lingua galega, XOSÉ NEIRA VILAS e a súa dona, ANISIA MIRANDA, do libro Cantarolas.

SEMANA DA POESÍA

Os alumnos de 6º leváronlles aos nenos de 4º os versos de ANTÓN CORTIZAS. Era unha vez unha quimbamba.

SEMANA DA POESÍA

Os nenos/as de 1º EP escoitaron atentamente os poemas de,

XULIO COBAS. Adiviñas para xogar.

viernes, 23 de febrero de 2018

martes, 23 de enero de 2018

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.


Moi boa actuación dos nenos/as do CEIP  A LAXE no campionato provincial de campo a través disputado en Portas. 

jueves, 11 de enero de 2018

NOVIDADES BIBLIOTECA

Un feixe de libros novos vén a incorporarse á nosa biblioteca.  A quen non lle gusta estrenar un libro, coas súas páxinas brilantes e limpas,  o seu cheiro a imprenta ou as súas fermosas ilustracións?
  Entre outros podedes atopar os seguintes títulos: "Mi primer libro de poesía", varios libros dos "Bolechas", "Sígueme", "Te quiero, abuelo" ou "La familia Busquet habla inglés"

jueves, 28 de diciembre de 2017

Contos de Nadal

O mestre Salvador leulles aos alumnos/as de 5º e 6º varios contos de Charles Dickens e Hans C. Andersen.

martes, 19 de diciembre de 2017

GUÍAS DE LECTURAS. INFANTIL

     A Coordinadora de EDLG do Morrazo vén de publicar un ano máis as Guías de lecturas en galego 2017.
O obxectivo é o fomento da lectura e, en particular, a lectura en lingua galega. Aquí podedes atopar non só libros senón tamén música. Nos últimos anos téñense publicado libros-CD dunha boa calidade e cunha coidada presentación. Hai libros para todas as idades, dende os dous anos en diante. Hai unha guía para Infantil, outra para Primaria e outra para Secundaria Tamén incluímos recomendacións pensando en toda a familia.
    LEMBRADE QUE UN LIBRO SEMPRE É UN BO REGALO!

                                                                                     Equipo da Biblioteca Escolar


GUÍAS DE LECTURAS. PRIMARIA

Guías E. Primaria

GUÍAS DE LECTURAS EN GALEGO


lunes, 18 de diciembre de 2017

CONTOS DE NADAL 2017

O equipo da biblioteca escolar vén de poñer en marcha CONTOS DE NADAL. Trátase de darlle vida a unha vella tradición da literatura universal arredor destas festas. A data, o tempo, todo o que se relaciona con esta festa semella que nos fai más receptivos a "pegar" a orella e escoitar historias que nos falen de paz, amor, solidaridade, colaboración, amizade, soños ou esperanza.
Os nenos/as de 1ºe 2º seguiron con atención o relato
dramatizado do "teacher"
   Hoxe, no Tempo de ler, os alumnos de 1º e 2º E. Primaria tiveron a ocasión de escoitar unha versión dramatizada do conto clásico de Hans   Christian  Andersen  "A rapaciña dos mistos". Cáseque todos se identificaron coa malpocada protagonista da historia. 

NOVIDADES NADAL 2017

NA BIBLIOTECA ESCOLAR temos novidades. No expositor podemos ver as últimas publicacións que falan das festas navideñas. Achégate e pídelle un libro a Chispiña; vaise poñer moi contenta.

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Gaspar Bernárdez


Esta semana estivo no cole Gaspar Bernárdez (o ecoloxista)  falando sobre a flora  de Galicia e en particular da do  CEIP A Laxe xa que no centro temos unha boa representación de plantas e árbores da nosa comunidade. 

viernes, 1 de diciembre de 2017

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS


Dende o CEIP A LAXE felicitamos todos os nenos/as polo esforzo desenvolvido durante o último mes, preparando esta proba de campo a través e polos resultados obtidos a nivel xeral. Temos moitos campións (uns con medalla e outros sen ela)!!


viernes, 17 de noviembre de 2017

LOLI BELOSO: LUIS SEOANE PARA NENOS

Loli Beloso
   O vindeiro xoves, 23 de novembro, todos os alumnos de E. Primaria do CEIP A Laxe, terán a oportunidade de asistir á charla da escritora Loli Beloso, autora do libro Luis Seoane para nenos. Será ás 12.00 horas no salón de actos.
   LUIS SEOANE foi un dos artistas galegos máis destacados do século XX.
   Foi pintor, muralista, diseñador gráfico, ilustrador, gravador, ceramista e escritor. El soubo combinar coma ninguén as vangardas do seu tempo coas máis profundas raigames na terra. A vida e a alma dos galegos e das galegas  son o tema fundamental das súas creacións.
   Por todo isto, nas SECCIÓNS BILINGÜES de Plástica(ART IN ENGLISH) adicámoslle este mes de novembro un proxecto especial .

LOLI BELOSO  colabora co GRUPO GALEGO DE INVESTIGACIÓN XENÓMICA, dirixido polo profesor Ángel Carracedo. Os dereitos económicos dos seus libros van destinados a esta causa tan importante.

O CEIP DA LAXE CONSIDERA MOI IMPORTANTE  A INVESTIGACIÓN E APOIA O LABOR INVESTIGADOR DO GRUPO GALEGO DE INVESTIGACIÓN XENÓMICA.

jueves, 9 de noviembre de 2017

Novidades na Biblioteca Escolar

Acaban de chegar novos libros á nosa biblioteca. Xa están catalogados e á vosa disposición para lelos na sala ou levalos á casa para desfrutar con máis calma da súa lectura.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN E QUE VOS FAGAN  VIVIR NOVAS AVENTURAS E SENTIR  MOITAS EMOCIÓNS!